Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto variante de trazado da AC-444, p.k. 27,000/27,370, clave: AC/95.107, T.M. da Baña.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413 B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 28 de febreiro de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 71/1997, de 14 de marzo, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar ós titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Baña, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello da Baña.

Día 16 de xuño de 1997, do predio 1 a 5.

De 10 a 11 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse se o consideran oportuno dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª andar, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe

4298