Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.394

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de ebanistería e afíns de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da industria de ebanistería e afíns de Lugo (código 2700245), da provincia de Lugo, asinado o día 22 de abril de 1997, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de maio de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial para a industria

de ebanistería e afíns da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación a tódalas empresas da provincia de Lugo, establecidas ou que se establezan no futuro, que rexéndose polo convenio colectivo estatal da madeira publicado no BOE do 20 de maio de 1996 e tendo os seus centros de traballo na provincia, teñan ó seu servicio traballadores encadrados nas actividades de ebanistería, mobles curvados, fábricas de mobles en serie, carpintería e carpintería mecánica, envases e embalaxes, brochas, cepillos, pinceis e vasoiras, almacéns de madeira e tapicerías, fábricas de cadaleitos, carpintería de ribeira e demais actividades de 2ª transformación da madeira previstas no anexo I do convenio colectivo estatal da madeira. As condicións pactadas neste convenio teñen o carácter de mínimas obrigadas.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración de 1 ano, desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Comisión mixta paritaria.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes do convenio. O citado órgano -integrado por 7 representantes da asociación empresarial asinante, 4 membros de UGT, 2 membros de CC.OO. e 1 membro de USO, igualmente asinantes do convenio- cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. Caso de non chegar a acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que anteriormente a este convenio viñeran gozando de mellores condicións cás aquí pactadas, poderán acollerse a estas, séndolles respectadas para tódolos efectos.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do convenio deberá presentarse cunha antelación mínima de 30 días á data de finalización do convenio por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso, a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente a táboa salarial que se verá incrementada en igual contía có IPC anual.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral de traballo queda fixada para o ano 1997 en 1.804 horas ó ano de traballo efectivo, tanto en réxime de xornada continuada coma partida, que se distribuirá de luns a venres, ambos inclusive, salvo nos casos de que entre empresa e traballadores se tome un acordo en contra con respecto ó traballo dos sábados.

Nos anos sucesivos e por aplicación do disposto no artigo 42 do convenio colectivo estatal da madeira, caso de ser de aplicación, procederase á reducción de oito horas ó ano na xornada ata chegar no ano 2000 ás 1.780 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Independentemente do anterior, a empresa queda facultada, naqueles supostos de que non se traballe o sábado, para nomear un servicio de urxencia para manter un nivel mínimo de servicios de asistencia ó público, sendo os ditos nomeamentos de carácter representativo. A compensación ós traballadores que traballen en sábado, efectuarase de forma horaria con carácter mensual.

As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no parágrafo primeiro do presente artigo ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso a distribución irregular da xornada respectará os topes mínimos e máximos de distribución previstos no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

Par os efectos dunha mellor organización do traballo as empresas poderán establecer un calendario anual no que se recolla a distribución da xornada pactada ó longo do ano.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio gozará dun período anual de 30 días naturais de vacacións, preferentemente entre os meses de xuño e setembro. No primeiro trimestre do ano, as empresas poñerán en coñecemento de todo o persoal o calendario de vacacións, así como os criterios seguidos para o seu establecemento. Despois da citada exposición, existirá sempre a posibilidade de reaxuste do calendario proposto, ben por medio dun prazo de reclamación daqueles traballadores que sexan prexudicados ou polo establecemento dun acordo entre empresa e traballador.

No suposto de desacordo, rexerá o que dispoña a autoridade laboral ou a xurisdicción laboral.

Artigo 8º.-Período de proba.

O persoal comprendido no presente convenio, para os efectos de establece-la duración dos períodos de proba aplicará a seguinte escala:

-Peón: 15 días.

-Resto categorías: 30 días.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O persoal gozará das seguintes licencias retribuídas:

-15 días en caso de matrimonio.

-2 días por cambio de domicilio na cidade.

-5 días por cambio de residencia fóra da municipio.

Considérase non laborable a xornada de tarde do 24 e 31 de decembro. Así mesmo, considerarase non laborable a xornada de mañá do día 24 ou 31 de decembro, segundo acordo entre empresa e traballadores.

Nos restantes casos, rexerá o disposto no cadro de permisos e licencias recollido no anexo II do convenio colectivo estatal da madeira e na lexislación laboral vixente.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores 2 pezas de roupa anualmente, unha en xullo e outra en decembro. En traballos especiais entregaranse, se fose necesario, as pezas de roupa oportunas.

Artigo 11º.-Salarios.

Durante o ano 1997 os salarios serán os establecidos na táboa salarial anexa, resultado de aplicar un incremento do 3,2% sobre das táboas do ano 1996, desde a súa publicación no BOP. Non obstante, terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1997.

No ano 1998 as táboas retributivas, por aplicación do disposto na disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal da madeira, e no caso de ser este de aplicación, incrementaranse no índice de prezos ó consumo oficial dos últimos doce meses precedentes á finalización do período de vixencia do convenio.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Establécese unha en xullo de 30 días, a pagar antes do 30 de xuño, denominada paga de verán e outra en decembro de 30 días que se aboará antes do 20 do citado mes, denominada paga de Nadal. A contía das pagas mencionadas será de 30 días de salario base máis a antigüidade e a compensación por perda da antigüidade.

As pagas extraordinarias reguladas no presente artigo devengaranse por semestres naturais e por cada día natural no que se devengase o salario base.

Artigo 13º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa percibirán, nos dous supostos que se sinalan, unha gratificación equivalente ó número de mensualidades que se relacionan:

-Ós 65 anos: 1 mes.

-Ós 64 anos: 2 meses.

-Ós 63 anos: 2 meses e medio.

-Ós 62 anos: 3 meses.

-Ós 61 anos: 3 meses e medio.

-Ós 60 anos: 4 meses.

Artigo 14º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas suxeitas a este convenio contratarán un seguro por accidentes de traballo polas contías de 4.000.000 de ptas. por invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, e de 2.500.000 ptas. no caso de morte.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Aboaranse conforme a gastos habidos, ou xustificar segundo factura.

Artigo 16º.-Aprendices.

Os anos traballados como aprendiz nunha empresa serán computables para os efectos de duración da aprendizaxe, noutra das mesmas especialidades, logo de certificación do aproveitamento pola empresa anterior, ou certificación de capacitación por un centro de formación profesional.

O tempo de aprendizaxe nunha empresa será computable para os efectos de antigüidade. Para os efectos de determina-los salarios que corresponden tratarase o establecido na táboa salarial anexa.

Artigo 17º.-Dereitos sindicais.

As empresas vinculadas ó presente convenio recoñecen ós sindicatos debidamente implantados no sector como elemento básico ou representativo, para afrontar a través dos seus delegados de persoal e comité de empresa as necesarias relacións entre traballadores e empresario. Para o exercicio das súas funcións representativas recoñécese ós membros dos comités de empresa e delegados de persoal o número mínimo de horas retribuídas mensuais previstas no artigo 68 do Estatuto dos traballadores segundo o número de traballadores de cada centro de traballo, sen que en ningún caso o crédito horario mensual poida ser inferior a 16 horas.

Cota sindical. As empresas, por requirimento dos traballadores ou dos seus representantes sindicais (comité ou delegados), descontarán da nómina mensual do traballador o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará, con claridade, a orde do desconto, a central sindical ou sindicato ó que pertence, a contía da cota e o número de contas correntes e entidades a onde debe ser transferida a dita cantidade. A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical se a houbera.

Taboleiro de anuncios. Os delegados de persoal e seccións sindicais constituídos a teor da lexislación vixente, disporán dun taboleiro de anuncios para expoñer comunicados relativos a problemas laborais da empresa ou do sector.

Artigo 18º.-Compensación en caso de baixa por enfermidade ou accidente.

Nestes supostos a empresa aboará ós seus traballadores o complemento necesario para que unidas á compensación económica, debida a incapacidade temporal, por accidente de traballo e enfermidade

profesional, o traballador perciba o salario que se establece no presente convenio a partir do día seguinte ó inicio da baixa e mentres perciba a indemnización económica a cargo da Seguridade Social podendo a empresa controla-la evolución da enfermidade ou accidente por medio dos seus servicios, deste dictame médico dependerá a subsistencia do referido beneficio, sen prexuízo das sancións que resulten pertinentes.

Igualmente, no caso de enfermidade común, o 100% aboarase a partir das 20 semanas de baixa e, en todo caso, cando exista hospitalización e durante o tempo que dure esta.

Artigo 19º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

En todo caso para a súa cualificación e determinación fidedignas -logo de comunicación á empresa do traballador e traballadores supostamente afectados- rexerá o que determine a autoridade laboral unha vez que se tramitase expediente legalmente para tal efecto.

En canto á súa retribución e demais aspectos normativos rexerá o disposto no convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 20º

Cando no cumprimento das obrigacións laborais puidera producirse a retirada do carné de conducir, por infracción ou accidente a empresa comprometerase a ocupar ó traballador afectado, naquelas tarefas que non requiran tal condición.

Esta medida non será de aplicación no caso de infracción reiterada ou de retirada definitiva do carné.

Artigo 21º

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás que lle sexa solicitada por un traballador a dita xubilación á idade xa citada, veranse obrigadas a contratar outro traballador, titular de dereito ás prestacións de desemprego ou novo demandante de primeiro emprego, mediante un contrato da mesma condición có extinguido na forma e condicións que establece a lexislación vixente.

Artigo 22º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto no presente convenio colectivo, rexerá o disposto no convenio colectivo estatal da madeira e demais lexislación vixente.

Artigo 23º.-Recoñecemento médico.

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo están obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade de Hixiene, ou a través da Mutua Patronal de Accidentes de Traballo. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, quen facilitará os medios de transporte para este desprazamento.

Artigo 24º.-Traballo da muller.

Os dereitos e obrigacións establecidas na lexislación laboral e neste convenio afectarán por igual ó home e á muller.

As empresas están obrigadas a pagar, por igual traballo, os mesmos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

Para os efectos da extinción do contrato de traballo por causas obxectivas non se computarán como faltas de asistencia as dos traballadores en período de licencia por maternidade.

Artigo 25º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Ebanistería de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1º Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a previsión dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3º Dar a coñece-las normas e procedemento e que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 26º.-Comisión de formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Ebanistería de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan ó sec

tor de ebanistería, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que poidan programar máis adiante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación da mesma, tanto ocupacional como regulada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativas e manuais, coas súas equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Complemento de antigüidade.

A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando polo tanto suprimido.

Non obstante os traballadores que xerasen ou xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade manterán a cantidade consolidada na dita data. A contía mencionada figurará na nómina de cada traballador como complemento persoal baixo o concepto de «antigüidade consolidada» non sendo tal cuantía absorbible nin compensable. Para tales efectos fíxase na táboa salarial anexa o importe do quinquenio consolidado para cada unha das categorías profesionais.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición do concepto de antigüidade, os traballadores suxeitos ó presente convenio colectivo pasarán a percibir durante o ano 1997 as contías que figuran na táboa salarial anexa baixo o concepto

de «compensación antigüidade», e que baixo este mesmo concepto figurará na nómina dos traballadores.

Artigo 28º.-Vinculación á totalidade.

Como queira que as condicións pactadas no presente convenio colectivo son o resultado da adaptación do mesmo ó convenio colectivo estatal da madeira, se se dese o caso de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase, habendo resolución firme, algúns ou tódolos seus pactos e polo tanto quedase sen efecto o convenio colectivo estatal pola aplicación do seu artigo 16, o convenio colectivo estatal deixará de rexer no futuro no que respecta ó presente convenio colectivo provincial.

Por outra parte e no suposto de que a xurisdicción competente estimase que algunha das condicións pactadas no presente convenio colectivo conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros e como queira que este convenio na súa redacción actual constitúe un todo orgánico indivisible, terase por totalmente ineficaz debendo reconsiderarse o seu contido íntegro pola comisión negociadora.

Disposicións adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo Interprofesional Galego sobre dos procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo como a canle idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Segunda.-As empresas disporán dun mes desde a publicación do presente convenio no BOP para aboa-las diferencias salariais entre as cantidades que viñeran percibindo e as que se pactan neste convenio, en concepto de atrasos desde o 1 de xaneiro de 1997 ata a data da publicación.

TÁBOA DE SALARIOS CONVENIO EBANISTERÍA DE LUGO

Vixencia desde o 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesional

Salario

día

Compensación

antigüidade

(ano)

Compensación

antigüidade

(mes)

Quinquenio

consolidado

Salario

anual

Encargado e similares 3.96250.0643.57678.2151.733.914
Oficial 1ª Conduc. e Asimil. 3.95049.9243.56677.9871.728.674
Oficial 2ª Conduc. e Asimil. 3.82548.3283.45275.5071.673.953
Peón, axudante e Asimil. 3.74347.2923.37873.8921.638.067
Aprendiz 17 anos 2.37329.9882.14246.8421.038.513
Aprendiz 16 anos 2.11926.7681.91241.837 927.343

Categoría profesional

Salario

mes

Xefe oficina e proxectista119.54149.7563.55477.7411.723.330

Oficial 1ª Admin. e xefe taller118.42949.2803.52077.0181.707.286

Oficial 2ª Admin. e xefe taller115.12047.9083.42274.8661.659.588

Auxiliar administrativo112.92247.0123.35873.4371.627.920

Aprendiz maior 18 anos111.55746.4243.31672.5491.608.222

4213