Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a subministración de 35 equipos de atestados/control de alcoholemia para uso das policías locais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: 97/13/693.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de 35 equipos de atestados/control de alcoholemia para uso das policías locais.

b) Número de unidades que se entregarán: 35.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes a partir da data da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 15.415.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 308.300 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42 / 54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 10.30 horas do sexto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4274