Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997 pola que se notifica a modificación do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de consultoría e asistencia polo sistema de procedemento aberto por concurso para a relocalización de cento tres bateas dos polígonos A e B de Muros (trámite de urxencia).

No Diario Oficial de Galicia nº 95, do 20 de maio de 1997, publicouse a Resolución do 9 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a contratación de consultoría e asistencia para a reordenación de 103 bateas dos polígonos A e B de Muros (trámite de urxencia).

No prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a citada contratación advertiuse un erro na clasificación requirida (apartado 8 do cadro resumo). Do mesmo xeito, existe un erro na redacción do apartado referido á documentación acreditativa da solvencia financeira, económica e técnica.

En consecuencia, co obxecto de que os licitadores poidan formular adecuada e correctamente as súas ofertas, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Para xeral coñecemento de cantos licitadores estivesen interesados no concurso público para a contratación da reordenación de 103 bateas dos polígonos A e B de Muros, notifica-la modificación do prego de cláusulas administrativas particulares do citado concurso.

Segundo.-O prego de cláusulas administrativas particulares modificado estará á disposición dos interesados nos mesmos lugares que se sinalan na Resolución do 9 de maio de 1997, citada.

Terceiro.-Modifica-la data límite de presentación das ofertas indicada na Resolución do 9 de maio de 1997, abríndose novamente o prazo de presentación de ofertas, que finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4222