Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 78/1995).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 15/20 kV de 1.043 m

de lonxitude con orixe na liña ó C.T. de breixo, e centro de transformación en Piñeiro no termo municipal de Cambre (expediente 78/1995), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica por Decreto 97/1997, do 21 de marzo, (Diario Oficial de Galicia do 29-4-1997, da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG con data 6-6-1996, que se expón actualizada no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Cambre, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o representante da administración acompañado dun perito, se constitúan nos predios o día 8 de xullo de 1997, a partir das 11 horas, para a toma de datos dos predios números 1, 2, 4, 7, 13, 14 e 15, e a partir das 12 horas dos predios números 16, 17, 22, 25, 28, 30 e 36, e levantar a continuación na citada Casa do Concello as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto de imposición de servidumes, e farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados, de conformidade co artigo 56 do regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata e naquel momento as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 13 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4077