Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/231-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade

pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación : L.M.T. e CC.TT. de Xemeras e Brai.

Situación: Vilasantar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.543 m de lonxitude en LA-56 que parte da L.M.T. San Pedro de Mezonzo-Teixeiro e final no C.T. de Xemeras, tipo aéreo.

L.M.T. a 15/20 kV de 285 m de lonxitude en LA-56 que parte o apoio número 7 da L.M.T. anterior e final no C.T. tipo intemperie de Brai.

CC.TT. de 50 kVA c/u en Xemeras e Bair. Concello de Vilasantar.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4056