Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Kerion marítima (Sociedad Unipersonal).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Kerion Marítima (Sociedad Unipersonal), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-4-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, por unha representación dos traballadores, o día 8-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-los eu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de abril de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Kerion Marítima (Sociedade Unipersonal)

Artigo 1º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia de tres anos e prorrogarase automaticamente por anos sucesivos se non se denunciase con tres meses de anticipación. A vixencia do convenio comezará na data da súa inscrición na Dirección Xeral de Traballo e finalizará o 31 de decembro de 1999.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O convenio afectará a todo o persoal de Kerion Marítima, S.L. que preste os seus servicios na flota, en todo o territorio nacional.

A empresa, na súa facultade directiva, poderá contratar persoal técnico cualificado para ocupar postos de mando e confianza, ós que, ademais das condicións establecidas no presente convenio se lle aplicará un plus por ocupa-los ditos cargos co fin de garanti-la perfecta navegabilidade e seguridade dos

seus buques e atender mellor así os seus clientes, dando seguridade ó tráfico comercial.

Artigo 3º.-Revisión salarial.

Páctase a táboa salarial vixente o ano 1997. Así mesmo, o incremento salarial para o ano 1998 e 1999 será o resultado de aplicarlle ás táboas de 1997 o IPC previsto polo Goberno no ano 1998 e para o ano 1999 aplicarase o mesmo incremento ás táboas do ano 1998.

Os salarios non serán nunca revisables á baixa se durante os anos de vixencia do convenio algunha previsión do IPC do Goberno fose negativa por ese ano; neste caso manterase a conxelación salarial. Os salarios non sufrirán alteración ningunha aínda que a previsión non coincida co IPC real.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

Se a autoridade laboral competente non aprobase algunha das normas deste convenio e este feito desvirtuase o seu contido a xuízo das partes, quedará sen eficacia a totalidade do convenio, que deberá ser considerado de novo polas partes negociadoras.

Artigo 5º.-Grupos profesionais.

Establécense catro grupos profesionais diferentes:

-Titulados de ponte.

-Titulados de máquinas.

-Titulados radioelectrónicos.

-Mestranzas e subalternos.

A sociedade determinará en función do título, competencia e aptitudes o posto por cubrir dentro do grupo profesional. Páctase expresamente a mobilidade funcional dentro de cada grupo profesional. Convense expresamente en que a empresa terá a facultade de embarca-lo persoal técnico que non se adapte á categoría profesional arriba descrita con motivo da realización de traballos especiais ou novas instalacións.

Artigo 6º.-Período de proba.

1. Toda admisión de persoal fixo para as actividades comprendidas neste convenio considerarase provisional durante un período de proba que no poderá ser superior a 3 meses.

Durante o período que deberá ser pactado por escrito, ámbalas partes poden rescindir unilateralmente o contrato de traballo, comunicándollo á outra parte en igual forma cunha anticipación mínima de 8 días.

2. En caso de que o período de proba expire no curso dunha travesía, este considerarase prorrogado ata que o buque toque porto pero a vontade por parte do armador de rescindi-lo contrato de traballo por non supera-lo período de proba deberá ser notificada por escrito ó tripulante polo capitán dentro do prazo estipulado no parágrafo anterior deste artigo.

3. En tódolos casos de rescisión de contrato por fin de período de proba por parte do tripulante, os gastos de viaxe serán por conta deste.

Artigo 7º.-Denuncia e revisión.

A representación da parte que desexe a revisión ou modificación do presente convenio deberá efectua-la súa denuncia como mínimo seis meses antes da data de caducidade. En caso de non ser denunciado por ningunha das partes, entenderase prorrogado por períodos dun ano.

Artigo 8º.-Comisión de servicio.

Enténdese por comisión de servicio a misión profesional que realizará calquera tripulante por orde da empresa en calquera lugar.

Consideraranse as situacións seguintes:

a) Preparación e discusión de convenios.

b) Transbordo por petición da empresa.

c) En calquera outro caso por desexo expreso da empresa.

d) Cando o tripulante fose designado para realizar inspección dos equipamentos para o buque.

Durante o tempo que o tripulante estea nesta situación devengará o salario embarcado e as vacacións de situación de embarcado e, se está fora do seu domicilio, percibirá as axudas de custo estipuladas neste convenio.

Artigo 9º.-Condicións económicas.

1. No concepto de salario profesional están incluídos os conceptos:

-Salario base.

-Parte proporcional de pagas extra.

-Plus de embarque.

-Traballos de sábados e domingos.

-Compensación por descansos non desfrutados segundo R.D. 2001/1983.

2. As vacacións e descansos non compensados no salario profesional serán aboados a razón de 12 días por mes navegado, en función da cantidade establecida no cadro.

Artigo 10º.-Postos de confianza.

Cando a empresa requira algún tripulante para desempeñar postos de confianza, as retribucións que se pacten ad personam poderán ser superiores e mellora-lo estipulado na táboa salarial, que se considerará como baremos mínimos de retribución.

Artigo 11º.-Expectativa de embarque.

Considerarase expectativa de embarque a situación do tripulante que se encontre no seu domicilio, procedente dunha situación diferente á de embarque ou comisión de servicio, dispoñible e ás ordes da empresa. A expectativa de embarque durará ata o día anterior a aquel en que o tripulante saia do seu

domicilio para entrar en situación de servicio de empresa.

Durante a expectativa de embarque, o tripulante percibirá o salario profesional devengando as vacacións da ordenanza.

Artigo 12º.-Vacacións e período máximo de embarque.

Por cada 150 días de embarque o persoal terá dereito a 60 días de vacacións, dos cales se poderá aboa-lo 50%, desfrutanto o 50% restante.

Opcionalmente a empresa poderá aboa-la parte proporcional de vacacións durante os meses de embarque, polo que os traballadores percibirán a contía que figure na táboa salarial no concepto 4 (vacacións).

O período de embarque será de 150 días.

A empresa poderá desembarca-lo tripulante entre o día 120 e 180 de embarque.

Artigo 13º.-Xornada ordinaria e horas extraordinarias.

A xornada ordinaria é de 1.829 horas anuais, que se efectuarán de luns a domingo cos descansos que establece a lei.

Consideraranse como extraordinarias as que excedan da xornada establecida, respectándose os descansos establecidos no artigo 34.3º do Estatuto dos traballadores.

As ditas horas extraordinarias aboaranse con carácter mensual segundo a escala de baremos mínimos para cada categoría, nas táboas salariais anexas.

Terán a consideración de horas estructurais.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Co fin de facilita-la administración e control de nóminas, as pagas extraordinarias están rateadas no salario e, por tanto, incluídas no salario profesional que se recolle na táboa.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será por conta da empresa, aténdose ó establecido na norma de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 16º.-Axudas de custo e gastos de viaxe.

As axudas de custo para o ano 1997 establécense nas seguintes contías:

-Axudas de custo nacionais.

* Xantar: 2.700 ptas./día.

* Cea: 2.200 ptas./día.

* Aloxamento: 5.300 ptas./día.

O aloxamento aboaráselle a todo tripulante que pase a noite en terra e non nalgún medio de locomoción.

A empresa subministrará a tódolos tripulantes o apoio necesario e a asistencia de axencia de viaxes, tanto ó embarcar como ó desembarcar.

Artigo 17º.-Servicios recreativos e culturais.

A empresa dotará a tódolos seus buques dun aparello de TV e un radio cassette por cámara e serán pola súa conta tódolos gastos de instalación.

Entre os libros profesionais con que, como mínimo, deberán conta-las bibliotecas dos buques, deben figura-los seguintes:

Réxime especial da Seguridade Social, convenios e libros oficiais que teñan relación co traballo no mar, libro de seguridade e hixiene, etc. e de saúde laboral.

A empresa aboará para o fondo cultural 42.600 pesetas por buque e ano. O capitán entregaralle ó delegado dos traballadores ou membro do comité de empresa de flota esta cantidade e a dispoñibilidade dela.

O delegado dos traballadores ou membro do comité de empresa de flota será o responsable do bo funcionamento destes servicios.

Artigo 18º.-Baixas por enfermidade e accidentes.

As baixas por enfermidade e accidente de traballo terán a aplicación establecida na lexislación vixente en cada momento.

Artigo 19º.-Perda de equipaxe a bordo.

En caso de perda de equipaxe a bordo por calquera membro da tripulación debido a naufraxio, incendio ou calquera outro accidente non imputable ós prexudicados, a empresa aboará como compensación a cantidade de 120.000 ptas.

Artigo 20.-Seguro colectivo de accidentes de traballo.

Á parte do seguro obrigatorio de accidentes de traballo, e como complemento deste, a empresa establece ó seu cargo e a favor dos tripulantes un seguro colectivo de accidentes que cobre os riscos e capitais que a seguir se detallan:

-Invalidez absoluta por accidente laboral: 4.000.000 de ptas.

-Morte por accidente de traballo: 4.000.000 de ptas.

O seguro terá vixencia durante o tempo do contrato do tripulante.

Artigo 21º.-Traballos especiais. Productividade.

Dentro do concepto de traballos especiais están incluídos tódolos traballos realizados fóra da xornada laboral e os realizados dentro desta que teñan a condición de sucios, perigosos, penosos e especiais.

A retribución dos traballos especiais está recollida na táboa anexa, dentro do apartado de productividade.

Artigo 22º.-Comisión paritaria interpretadora do convenio.

Crearase unha comisión paritaria de dous membros (un por cada parte máximo) elixidos entre os compoñentes da mesa negociadora.

As funcións da comisión paritaria serán as de interpretar autenticamente o convenio colectivo, a arbitraxe das cuestións ou problemas sometidos á súa consideración polas partes, vixia-lo estricto cumprimento do pactado e analiza-la evolución das relacións entre as partes contratantes. Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria das dúbidas e discrepancias que se puidesen producir como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio colectivo.

Cláusula de paz social.

Ó ser unha sociedade de recente creación e manter uns postos de traballo baixo contratos de lanzamento de nova actividade, co fin de consolida-la estructura e proxección da sociedade de cara ó futuro, páctase expresamente un período de paz social durante a vixencia deste convenio, comprometéndose ámbalas partes a mante-lo pactado durante este período, considerándose como ilegal a folga que se promova contra este fin.

Cláusula adicional.

En todo o non pactado neste convenio ámbalas partes acordan acollerse ó regulado na lexislación vixente, máis concretamente no Estatuto dos traballadores e na Lei de procedemento laboral.

Derrogación.

Este convenio regula a relación entre os traballadores e a empresa e derroga na súa integridade calquera outro convenio.

Táboas salariais

Capitáns e oficiais (retribucións brutas)

1.S. Prof.M. xefatura2.H. extrasForfait3. Product.4. Vacac. Total

Capitán

186.510144.00083.51074.604488.624
Xefe de máquinas186.510144.00083.51074.604488.624

1.S. Prof.M. xefatura2.H. extrasForfait3. Product.4. Vacac. Total

Primeiro Of. cuberta170.01080.01057.99058.004376.014
Primeiro Of. máquinas170.01080.01057.99058.004376.014
Segundo Of. cuberta132.00056.85045.00052.800286.650
Segundo Of. máquinas132.00056.85045.00052.800286.650
Of. radio132.00056.85045.00052.800286.650
Terceiro oficial132.00056.85045.00052.800286.650

Táboas salariais

Mestranza e subalternos (retribucións brutas)

1.S. Prof.M. xefatura2.H. extrasForfait3. Product.4. Vacac.Total

Contramestre

80.37932.26527.35132.151172.146
Caldeireiro80.37932.26527.35132.151172.146
Cociñeiro80.37932.26527.35132.151172.146
Mariñeiro/camareiro74.03426.59525.19129.614155.434
Engraxador/mecamar74.03426.59525.19129.614155.434
Mozo70.65924.30023.84128.264147.064

4147