Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO.

Modificación puntual primeira do Plan parcial do polígono industrial de Castro Riberas de Lea.

A Corporación Municipal en Pleno, na sesión ordinaria celebrada o día dez de marzo deste ano de 1997, á vista do informe favorable do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, emitido de conformidade co previsto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, acordou a aprobación definitiva da modificación puntual primeira do Plan parcial do polígono industrial de Castro Riberas de Lea, tramitada por instancia de Xestur-Lugo, S.A.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 8 da citada Lei 7/1995.

Contra o dito acordo, adoptado en virtude da delegación de competencias conferida no artigo 2 da devandita Lei 7/1995, do 29 de xuño, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto no artigo 306 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (R.D.L. 1/1992), ante a sala da dita xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a teor do disposto no artigo 58.3.b) da Lei do 27 de decembro de 1956, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Castro de Rei, 11 de abril de 1997.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde

3937