Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

PROXECTO de delimitación do solo urbano da Gudiña.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 14 de abril de 1997 acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a documentación integrante do documento do proxecto de delimitación do solo urbano da Gudiña que consta de:

-Memoria.

-Réxime do solo.

-Normas de edificación.

-Normas de ordenación.

-Documentación gráfica.

Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación definitiva no DOG e no texto íntegro da normativa no BOP conforme o disposto no artigo 70.2 LRBRL.

Terceiro.-Remitirlle copia do expediente administrativo completo e dous exemplares do proxecto de delimitación do solo urbano da Gudiña con tódolos planos e documentos que o integran á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sala do contencioso) no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública.

A Gudiña, 21 de abril de 1997.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde

3158