Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 6 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do recurso ordinario do expediente sancionador 15/081/1995, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente nº 15-081/95, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución que lle pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo da comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta notificación.

A dita sanción poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110000179 de Caixa Galicia (2091), urbana 10 (0011) A Coruña.

Expediente: 15/081-1995.

Inculpado: Dolores Martínez López e outros.

Domicilio: Galería Continente, 18, A Coruña.

Sanción e motivos: 40.000 ptas. Deficiente Prest. dun servicio.

Data da resolución: 7-3-1996.

A Coruña, 6 de maio de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

3961