Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de abril de 1997, do Servicio Provincial da Coruña, pola que se notifica trámite do expediente de rehabilitación rural C-VR-0407/95, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

Pola presente cédula notifícaselle á interesada, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, o trámite e resolución dos procedementos seguidos á súa instancia que se sinalan naquel.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir da publicación da presente cédula.

E para que conste, para os efectos de notificación á interesada con domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) expido, asino e selo a presente cédula na Coruña o 24 de abril de 1997.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-VR-0407/95.

Interesada: Mª Elena Andújar Rey.

Último domicilio coñecido: Castro-Freixeiro 15861 Santa Comba.

Trámite resolución: requirindo corrección de deficiencias (15 días).

Precepto infrinxido: Art. 71 da Lei 30/1992 do 26 de novembro.

4064