Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Fillaboa, nos concellos de Tui e Salvaterra de Miño, por parte de Explotacións Fillaboa, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Explotaciones Fillaboa, S.L., con domicilio en Baños s/n, Caldelas de Tui, Tui, presentou nesta delegación provincial, o día 18 de novembro de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Fillaboa, de 18 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa nos termos municipais de Tui e Salvaterra de Miño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2754 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 35' 20"42º 03' 40"

Vértice 28º 32' 20"42º 03' 40"

Vértice 38º 32' 20"42º 03' 40"

Vértice 48º 35' 20"42º 03' 00"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 16 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4018