Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de maio de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, acordo de incoación e prego de cargos dos expedientes sancionadores VP-C 41/96 e VP-C 43/96.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícanselles ós interesados os acordos de incoación e prego de cargos dos correspondentes expedientes sancionadores que, cos números que se indican, se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 56.C.3 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedenselles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste cédula para facer cantas alegacións crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica de probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de dirección descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de maio de 1997.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

-VP-C 41/96.

Mª Ángeles García Barreiro

Urbanización Sol y Mar.

Bloque 11, portal 3-2º B.

Oseiro-Arteixo.

-VP-C 43/96.

Encarnación Asensi Anderson.

Urbanización Sol y Mar.

Bloque 15, portal 1-2º B.

Oseiro-Arteixo.

3963