Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación da xestión do centro sociosanitario de Laraxe (Cabanas).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do R.D. 390/1996, do 1 de maio, esta dirección xeral acorda dar publicidade á seguinte adxudicación de contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servicios públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do centro sociosanitario Residencia Asistida de Maiores de Laraxe (Cabanas) en réxime de concesión.

c) Data publicación: DOG nº 6, do día 10-1-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación.

Importe praza/día/válido: 3.900 ptas. (IVE incluído).

Importe praza/día/asistido: 6.900 ptas. (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de maio de 1997.

b) Contratista: Geriatros, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe praza/día/válido: 3.800 ptas. Importe praza/día/asistido: 6.800 ptas.

e) Prazo adxudicación: 5 anos.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

3889