Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/408-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. en edificio Improsa r/ Luis Aguiar.

Situación: concello de Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/25 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor de 95 mm, de sección, desde o C.T. denominado Covi ata o C.T. que se proxecta no edificio Improsa, na rúa Luis Aguiar, concello de Ponteareas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 8 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3890