Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Carba I para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 008 EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1195, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Carba I coas seguintes características:

-Peticionario: Made Enerxías Renovables, S.A. Avda. de Burgos, 8-B, planta 18, 28036-Madrid.

-Situación: concellos de Muras e Vilalba (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM): V1 (0.607.200, 4.811.850); V2 (0.608.350, 4.811.850); V3 (0.609.250, 4.809.450); V4 (0.610.000, 4.809.000); V5 (0.608.300, 4.808.000).

-Superficie afectada: 476 Ha.

-Características técnicas principais:

Número de aeroxeradores: 39.

Potencia nominal unitaria: 500 kW.

Potencia total instalada: 19,5 MW.

Altura de torres: 41 metros.

Diámetro de pas: 41 metros.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto

205/1195, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 29 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3896