Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación da poxa, polo procedemento aberto, das obras de clave AP/LU/97.02 e tres máis.

A) Obras.

1. Acondicionamento da plataforma LU-651 de Quiroga a Seoane do Courel, treito Santa Eufemia-Seoane.

Clave: AP/LU/97.02.

Orzamento: cincuenta e cinco millóns catrocentas sesenta e unha mil trescentas vinteseis pesetas (55.461.326).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 1.109.227 ptas.

2. Acondicionamento da plataforma da CA-120 para acceso ó Centro de Exposicións de Recursos da Comarca de Lemos p.k. 519.2.

Clave: AP/LU/97.05.

Orzamento: catorce millóns cincocentas mil seiscentas oitenta e dúas pesetas (14.500.682).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 290.014 ptas.

3. Acondicionamento da C-LU-611 e ramal de acceso á Estación de FFCC de Rubián.

Clave: AP/LU/97.04.

Orzamento: trinta e catro millóns trescentas setenta e catro mil cincocentas noventa pesetas (34.374.590).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: 687.492 ptas.

4. Acondicionamento da plataforma, reforzo do firme con mestura asfáltica en quente, limpeza de noiros da C-641 Rábade-Ferrol por Vilalba, treito Cabreirós-LP A Coruña.

Clave: AP/LU/96.01.

Orzamento: noventa e nove millóns oitocentas oitenta e catro mil trescentas cincuenta e catro pesetas (99.884.354).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.997.687 ptas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3894