Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Pazos de Borbén e Pontevedra, con anexos: V-0453; XG-027, por substitución da concesión V-0453; XG-027, entre As Neves e Pontevedra, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 1 de abril de 1997, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Arcade, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Pazos de Borbén e Pontevedra, con anexos: V-0453; XG-027, por substitución da concesión V-0453; XG-027, entre As Neves e Pontevedra, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Pazos de Borbén, Amoedo, Soutomaior (Castelo), empalme A Mela, empalme de Alxán, Salgueirón (Emp. PO-7201/PO-244), Arcade, Pontesampaio, Vilaboa e Pontevedra.

* Empalme A Mela, Rial, Val, Sobral, Romariz, Soutomaior, Montesiña e Salgueirón (Emp. PO-7201/PO-244).

* Empalme de Alxán, Alxán e O Viso.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Pontevedra e Arcade, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Arcade e Sobral, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Amoedo e Pazos de Borbén, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre castelo de Soutomaior e empalme da estrada PO-7105 coa PO-7202 en O Viso, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

Pazos de Borbén-Pontevedra (27,0 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Castelo de Soutomaior-Pontevedra (15,5 km)

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

O Viso-Pontevedra por Almela, Rial e Montesiña (km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,9675 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,6652 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,4951 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

4169