Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 02 de xuño de 1997 Páx. 5.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1997 pola que se nomean os membros do xurado dos premios de investigación Xunta de Galicia 1996.

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 31 de marzo de 1997 (DOG do 11 de abril), convocou os premios de investigación Xunta de Galicia 1996 (anexos I, II e III da citada orde).

O artigo 3 da devandita orde establece a composición do xurado. Na súa virtude e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado dos premios de investigación Xunta de Galicia 1996 (anexos I, II e III á Orde do 31 de marzo de 1997, DOG do 11 de abril), ás seguintes persoas en representación das institucións que se citan:

Presidente: Andrés Beiras Iglesias, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Vocais:

-José Sergio Casas Fernández, en representación da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta da propia universidade.

-Dolores Esther Fernández Fernández, en representación da Universidade da Coruña, por proposta da propia universidade.

-José Tojo Suárez, en representación da Universidade de Vigo, por proposta da propia universidade.

-Constantino García González, último galardoado co premio Xunta de Galicia de Investigación a unha traxectoria investigadora.

-Antonio García Pino, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Wenceslao J. González Fernández, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-José Manuel Lorenzo Salgado, designado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, xefe do Servicio de Promoción da Investigación Universitaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará con voz e sen voto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Universidades e Investigación

4266