Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 22 de abril de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución referente ó expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Industria Ballenera, S.A. (C-1163-CAD).

Tendo en conta que a proposta de resolución que a continuación se transcribe, lle foi remitida ó interesado o 18-12-1996, e foi devolta polo servicio de correos, que sinalou o motivo de devolución como ausencia do destinatario do seu domicilio e polo que, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), ponse en coñecemento da sociedade Industria Ballenera, S.A., con último domicilio coñecido na Coruña, Avda. Fernández Latorre nº 5-9, 1º D, a seguinte proposta de resolución que se formula para cumpri-lo disposto no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, en relación coa concesión administrativa outorgada a Industria Ballenera, S.A. por Orde do 22-11-1989 (DOG do 28-2-1990) para a explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo.

Localización: Caneliñas-Cee, distrito marítimo de Corcubión.

Data de concesión: 22-11-1989 (DOG nº 42/90).

Remate da vixencia: 28-2-2000.

Resultando que con data do 11-9-1996 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña ordenou a incoación do expediente de caducidade da devandita concesión por incumprimento das normas que regulan o título da concesión e levar inactiva a granxa mariña un tempo superior a dous anos.

Resultando que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foron remitidos ó interesado o 18-9-1996, e lle foi devolta a notificación polo servicio de correos.

Resultando que con data do 15-10-1996 foi publicada, no DOG e no 3-10-1996 exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da sociedade Industria Ballenera, S.A., a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario no dito expediente, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Considerando que o expediente se tramitou de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Considerando que segundo informe dos inspectores da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 10-7-1996, no lugar previsto para a construcción do establecemento de que se trata non existía construcción ningunha con destino a granxa mariña.

Considerando que, en virtude das facultades que lle confire a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a adopción da resolución axustada.

Vista a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), a Lei 6/1993, de pesca de Galicia do 11 de maio (DOG do 31-5-1993), a Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, o Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG do 20-1-1994), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Proponse que se declare a caducidade da concesión administrativa outorgada a Industria Ballenera, S.A. por Orde do 22-11-1989 (DOG do 28-2-1990).

Notifíqueselle esta proposta de resolución ó interesado, indicándoselle que o expediente está á súa disposición nesta delegación territorial, para o seu exame e alegacións durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir da súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da sociedade suxeita a expediente de caducidade.

A Coruña, 22 de abril de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3910