Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto, e con trámite de urxencia, dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: realización dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orzamento de licitación: 12.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: 15 días.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección

Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 240.000 pesetas.

Fianza definitiva: 480.000 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría A.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás 14 horas do día 12 de xuño de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha campaña de publicidade institucional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 16 de xuño de 1997.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

3909