O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter á información pública, no prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira Regueiro, situada na localidade de Sta. Mª de Mao, no concello do Incio, provincia de Lugo.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
* Concello do Incio.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega
do Medio Ambiente
4189