Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación da relación de aspirantes que superaron o dito proceso selectivo.

De conformidade co previsto no apartado 24 da base sexta da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27), os tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Sergas publicarán no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o dito concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, e a dita relación comprenderá, de forma separada, os aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos.

Así mesmo, o apartado 27 da dita base da convocatoria prevé que, unha vez publicado ese acordo, o tribunal eleve á autoridade convocante a relación de aspirantes que superen o concurso-oposición na forma prevista no apartado 24 da mesma base.

Adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a relación definitiva de aspirantes seleccionados que superaron o proceso selectivo citado, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 19 de xuño de 1995 para o ingreso nas categorías do grupo de xestión da función administrativa, traballador social e fisioterapeuta, que se inclúen como anexos á presente resolución.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima das devanditas convocatorias.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

CONCURSO OPOSICIÓN ACCESO A PRAZAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O CONCURSO-OPOSICIÓN

3905