Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 22 de maio de 1997, dos tribunais números 1, 2, 3 e 4 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 9 do 12 de xaneiro de 1996), polo que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 22 de maio de 1997 polo tribunais números 1, 2, 3 e 4 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 9 do 12 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, acordouse:

1. Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, unha vez resoltas as reclamacións presentadas polos interesados.

2. Publica-las ditas puntuacións que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra este acordo os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Rubén Víctor Lois CalviñoManuel Barreiro Barbeito

Presidente do Tribunal nº 1Presidente do Tribunal nº 2

José Antonio Álvarez VidalJavier Batán Rodríguez

Presidente do Tribunal nº 3Presidente do Tribunal nº 4

4049