Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 28 de abril de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Castro, Penduradas e Carballeira das Chans, pertencentes á parroquia de Canicouva do concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 4 de abril de 1995, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: A Canicouva.

Nome do monte: Monte Castro.

Cabida: 40.972 m.

Lindes.

Norte: predios particulares.

Leste e sur: parroquia de Pontesampaio e estrada de Castro a Pontesampaio.

Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro.

Comezando polo extremo máis oriental do monte atopámonos cun punto que toca coa estrada de Castro a Pontesampaio. En dirección NO imos lindando coa propiedade de Floreano Boullosa Míguez e continuando posteriormente en dirección oeste lindando coas propiedades de José Cal González e María Conde Currás, ata que se encontra coa propiedade de María Pazos Rodiño, onde o límite se dirixe en dirección sur lindando coas propiedades de María Pazos Rodiño, Manuel Conde Míguez e Argentina Noval Taboada; alí atópase co límite parroquial de Pontesampaio, onde o linde toma dirección NE e diríxese en liña recta a atoparse ó punto de partida, na estrada de Castro a Pontesampaio.

Nome do monte: Penduradas.

Cabida: 42.684 m.

Lindes.

Norte: predios particulares.

Leste: predios particulares e camiño de Santiago.

Sur: predios particulares.

Oeste: concello de Vilaboa.

Descrición do perímetro.

Comezamos no punto situado mais ó norte, que está definido pola integración dun muro co límite do concello de Vilaboa. Desde este punto dirixímonos ó sur todo polo límite de concellos ata tocar coa propiedade de José Ramón Conce Naval, onde nos diriximos cara ó leste seguindo esta propiedade e a de María Pazos Rodiño, continuando o límite polo lindeiro do monte de Pontesampaio ata un camiño denominado Camiño de Santiago, onde toma

dirección norte ata atopa-las propiedades de Argentina Noval Taboada, Manuel Conde Míguez e María Pazos Rodiño, finalizando no punto de partida.

Nome do monte: Carballeira das Chans.

Cabida: 18.572 m.

Lindes.

Norte: predios particulares.

Leste: predios particulares e concello de Vilaboa.

Sur: predios particulares e concello de Vilaboa.

Oeste: predios particulares.

Descrición do perímetro.

Comezamos no punto situado máis ó norte que é un marco do límite co concello de Vilaboa. De alí dirixímonos en dirección SO ata un muro do predio de José Manuel Rios Sabajanes e seguindo con esta ata atoparnos novamente co límite de concellos, seguindo esta liña ata que toma dirección sur polo muro do predio de Carmen Parada Carballo e Asunción Portela Carballo, torcendo posteriormente en dirección oeste polo muro do predio de María Inés González Ríos, posteriormente toma dirección norte polo muro do predio de José Manuel Rios Sabajanes e María Inés González Ríos ata chegar ó punto de partida.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia , todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2 do Decreto 260/1992 polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 28 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra

3818