Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación do servicio técnico de mantemento e reparación dos vehículos motobombas do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais da Coruña, mediante o sistema de concurso, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña, resolve convoca-la seguinte licitación de servicio técnico polo sistema de concurso, procedemento aberto:

1. Obxecto: contratación de servicio técnico para o mantemento e reparación dos vehículos motobombas do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais da Coruña.

Orzamento: 15.468.772 ptas.

Prazo de execución: un ano (1-7-1997 ó 30-6-1998).

Fianza provisional: exenta.

Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría a.

2. Exposición de pregos: estarán de manifesto nos Servicios de Contratación e máis de Defensa Contra Incendios Forestais desta delegación (edificio administrativo Monelos, praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º andar, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións (para obter copia hai que dirixirse á copistería COPIMIL, situada na rúa de Salvador de Madariaga, 16-baixo, da Coruña, teléfono 13 54 76.

2. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

4. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial, no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 R.X.C.).

5. Documentación que presentarán os licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións: ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado.

7. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 21 de maio de 1997.

P.A.

Ofelia Rivas Vázquez

Secretaria provincial da Coruña

3930