Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.033

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construcción navais, do departamento de Construccións Navais, a Manuel Piñón Quiñonero.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 7 de xuño de 1996 (BOE do 11 de xullo), para a provisión da praza número 96/034 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento construccións navais, departamento de Construccións Navais desta universidade, a favor de Manuel Piñón Quiñonero, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Piñón Quiñonero, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais desta universidade.

A Coruña, 8 de maio de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3843