Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/058 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que terá que resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 96/058, convocada por resolución con data 21 de outubro de 1996 (BOE do 7 de decembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da sua publicación.

A Coruña, 7 de maio de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en Educ.

Praza nº: 96/058.

-Comisión titular.

Presidente: Abalde Paz, Eduardo; catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Salvador González, José Javier de; profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Bartolomé Pina, Margarita; catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Río Sadornil, Dionisio del; profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

García García, José Diego; profesor titular de universidade. Universidade de Córdoba.

-Comisión suplente.

Presidente: Tejedor Tejedor, Francisco Javier; catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Secretario: Muñoz Cantero, Jesús Miguel; profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Rodríguez Moreno, Mª Luisa; catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Alfaro Rocher, Ignacio Javier; profesor titular de universidade. Universidade de Valencia.

Dueñas Buey, María Luisa; profesora titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia -UNED-.

3773