Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 1997 Páx. 5.029

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 de maio de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Organismo Autónomo Instituto Galego de Consumo.

Convocada por Orde do 3 de abril de 1997 (DOG nº 74, do 18 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Organismo Autónomo Instituto Galego de Consumo, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo, anunciada pola Orde do 3 de abril de 1997 (DOG nº 74, do 18 de abril).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade

de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 32.780.159.68 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Corrales Piquero, Javier.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Protección ó Consumidor.

Centro directivo: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

C. Específico: 1.639.104

3974