Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 5.000

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA

ANUNCIO.

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

Posto: operador de cartografía dixital.

Titulación: bacharelato ou FP II.

Perfil da praza: as condicións requiridas para a praza (titulación, perfil específico, etc.) estarán

expostas na sede da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na Barcía (Santiago de Compostela), estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3.

Documentación que hai que presentar.

-Datos persoais completos, en fotocopia do DNI.

-Xustificante de titulación esixida.

-Curriculum vitae demostrable.

-Teléfono de contacto.

Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes presentaranse no domicilio social da sede, entre as 9 e as 14 horas, de luns a venres.

-O prazo de presentación será de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación correspondente no DOG.

Procedemento de selección.

-No prazo de cinco días naturais contados a partir da data do remate do prazo de presentación de instancias, publicarase a lista de admitidos ás probas, e os excluídos por non cumpri-los requisitos esixidos.

Os candidatos admitidos na primeira fase deberán superar superar unha proba teórico-práctica, que se celebrará no lugar e data que se especificará.

-Estipúlase un prazo de reclamacións de dez días hábiles, a partir da publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos.

Andrés Precedo Ledo

Conselleiro delegado da Sociedade para

o Desenvolvemento Comarcal de Galicia