Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 5.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (144/1992).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 8 de mayo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación do polígono da zona 2 do sector urbano-21, promovido por Antonio Rodríguez Campos e outros, con elección do sistema de compensación.

De conformidade co disposto no artigo 120 e 121 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple a circunstancias que poidan concorrer ó diposto no artigo 59 da Ley 30/1992, de 26 de novembro.

Ourense, 14 de mayo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

3972