Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/61-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública la petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Portela-Rebullón.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Atios-Puxeiros rematando no C.T. que se proxecta en Portela-Rebullón, concello de Mos. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.T.V., subterránea de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra 25 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3722