Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 1997 Páx. 4.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/60-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública la petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Gándara-Lérez.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV de 29 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. ó C.T. da Rúa Juan bautista Andrade rematando no C.T. que se proxecta en Gándara-Lerez, concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. de 45 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra 25 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3723