De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instrutora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo
28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).
A Coruña, 7 de maio de 1997.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Procedemento sancionador número: EN 97/007.
Denunciado: Roberto Jesús Rodríguez Soage.
Último enderezo coñecido: Avda. de Marín nº 16. Cangas-Pontevedra
Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do Parque N. de Corrubedo.
Tipificación infracción. Lei 4/1989 CEN:
Artigo infrinxido: 38.13ª.
Cualificación infracción: leve.
Sanción proposta: 15.000 ptas.
3786