Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/47-2-4716 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

-Denominación: L.M.T., C.T. R.B.T. Lousada-Fazouro.

-Situación: Foz.

-Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 91 metros, sobre torres metálicas. Centro de transformación de 100 kVA. 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor trenzado, para dar subministración eléctrica á estación repetidor de telefonía móbil en Lousada-Fazouro, concello de Foz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3785