Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gallega de Consulting, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Gallega de Consulting, S.A. que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4-4-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal o día 20-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de abril de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Gallega de Consulting, S.A.

Ano 1997

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de obrigada observancia en tódolos centros de traballo de Gallega de Consulting, S.A. da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa, coa única excepción do persoal de alta dirección (nivel 0) da táboa de categorías.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio é dun ano, iniciando a súa vixencia para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997 e prorrogarase anualmente por tácita aceptación, nos seus propios termos, en tanto non se solicite a súa revisión e se formule a súa necesaria denuncia. Mentres non se alcance un nuevo acordo, todo o contido do presente convenio terá vixencia.

Artigo 4º.-Denuncia e revisión.

Calquera das partes asinantes do presente convenio poderá pedirlle, mediante denuncia notificada por escrito á outra parte a súa revisión, con dous meses mínimos de antelación ó vencemento do convenio e/ou de calquera das súas prórrogas.

No caso de solicitarse a revisión do convenio, a parte que formule a súa denuncia deberá achegar proposta sobre os puntos e contido que comprenda a revisión solicitada.

Denunciando o convenio nos termos anteriormente establecidos, as partes obríganse a comeza-las conversas para negocia-la revisión no prazo non superior a un mes antes da data de vencemento do convenio ou da prórroga.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e non producirá efecto ningún no suposto de que a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das facultades que lle sexan propias, obxectase ou invalidase algún dos seus pactos ou non aprobase a totalidade do seu contido.

Artigo 6º.-Comité paritario de vixilancia e interpretación.

Queda encomendada a vixilancia e interpretación dos pactos contidos no presente convenio, a un comité paritario que se constituirá no prazo máximo de vinte días contados desde a data da súa publicación no BOP da Coruña.

As partes asinantes acordarán o Regulamento de funcionamento do citado comité, que estará integrado por un representante de cada unha das dúas partes signatarias do convenio.

Artigo 7º.-Período de proba e ingreso.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso excederá de seis meses para o persoal dos niveis 1 ó 4, de dous meses para os niveis 5 a 7 e 15 días para os demais traballadores. A empresa e o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúen o obxecto da proba.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 8º.-Provisión de vacantes.

Cando se produza unha vacante ou sexa preciso cubrir novos postos de traballo comunicaráselle a todo o persoal da empresa por medio dun aviso no taboleiro de anuncios. Este aviso deberá publicarse cunha antelación mínima de dez días con respecto a data fixada para o exame.

Artigo 9º.-Promoción.

Concederáselle preferencia ó persoal de niveis inferiores para que poidan ocupar praza de categoría superior, sempre que obteña igual puntuación á dos aspirantes a ingreso no exame que se convoque para tal fin.

Artigo 10º.-Regras para a provisión de vacantes e promocións.

A empresa terá en conta os seguintes principios básicos:

A) Tódolos traballadores terán dereito a concursar solicitando calquera vacante que se produza en calquera categoría de nivel superior.

B) A empresa, cando o xulgue necesario, poderá efectua-las probas pertinentes para comprobar se se dan nos aspirantes os requisitos esixidos para o posto que se pretende cubrir.

C) No caso de non reuni-los traballadores solicitantes os requisitos e coñecementos esixidos para a vacante, a xuízo da empresa, esta poderá proceder a cubrila con persoal alleo.

D) Tódolos ascensos consideraranse a proba, confirmándose a designación ós seis meses, salvo que neste período de proba se deduza a falta de idoneidade do ascendido; neste caso volverá á súa situación anterior e a empresa pode optar por cubrir esta vacante con algún dos candidatos que participaron no proceso de selección ou convocar novamente a praza.

Artigo 11º.-Organización de traballo.

A organización práctica do traballo con suxeición á lexislación vixente é facultade exclusiva da dirección da empresa. Sen mingua da autoridade que corresponde á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os delegados de persoal terán as funcións de información, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación específica e o presente convenio.

Artigo 12º.-Categorías profesionais.

As categorías e niveis profesionais quedan establecidos do seguinte modo, co obxecto de adaptalas ás nosas necesidades específicas.

Esta relación de niveis e categorías é meramente enunciativa, sen que supoña obriga de ter provistos os enumerados:

-Nivel 0. Categoría: persoal de alta dirección (excluído do presente convenio de acordo co artigo 2 del).

-Nivel 1. Categoría: director de división.

-Nivel 2. Categoría: coordinador de división.

-Nivel 3. Categoría: director adxunto.

-Nivel 4. Categoría: xefe superior.

-Nivel 5. Categoría: xefe de área.

-Nivel 6. Categoría: director de delegación.

-Nivel 7. Categoría: especialista de área.

-Nivel 8. Categoría: oficial de primeira.

-Nivel 9. Categoría: oficial de segunda.

-Nivel 10. Categoría: auxiliar.

-Nivel 11. Categoría: traballador en prácticas titulado superior.

-Nivel 12. Categoría: traballador en prácticas titulado medio.

-Nivel 13. Categoría: persoal subalterno maior de 18 anos.

-Nivel 14. Categoría: traballadores contrato aprendizaxe.

Non se recolle neste convenio colectivo o persoal subalterno menor de 18 anos. No suposto de habelo, as súas condicións económicas virán determinadas polo salario mínimo vixente. (Os niveis 1 ó 6 poderán usar tarxetas de visita da empresa, personalizadas).

Artigo 13º.-Definición de categorías.

As definicións de cada categoría son as seguintes:

Persoal de alta dirección (nivel 0): comprende os cargos de conselleiro delegado, xerente, etc. (Todos eles están excluídos do presente convenio).

-Resto de niveis por orde de ascenso:

Aprendiz (nivel 14): é aquela persoa que, tendo ingresado na empresa cun contrato de aprendizaxe, terá por obxecto a adquisición da formación teórica

e práctica necesaria para o desempeño adecuado da categoría profesional.

O salario desta categoría profesional será a do salario mínimo vixente en atención á súa idade, reducido na proporción seguinte:

-Primeiro ano de contrato o 70%.

-Segundo ano de contrato o 80%.

-Terceiro ano de contrato o 90%.

Para os menores de 18 anos non poderá ser inferior ó 85% do salario mínimo interprofesional da súa idade.

Persoal subalterno (nivel 13): terá a consideración desta categoría o subalterno maior de dezaoito anos cunha misión que consiste en facer recados dentro ou fóra da oficina, recoller e entregar correspondencia, así como outros traballos secundarios ordenados polos seus xefes ou inmediatos superiores.

Traballador en prácticas (nivel 12): é o traballador titulado medio que mediante un contrato en prácticas realiza as funcións para a obtención da práctica profesional adecuada ó nivel de estudios cursados.

Traballadores en prácticas (nivel 11): é o traballador titulado superior que mediante un contrato en prácticas realiza as funcións para a obtención da práctica profesional adecuada ó nivel de estudios cursados.

Auxiliar (nivel 10): é o empregado maior de 18 anos que ten ó seu cargo operacións elementais administrativas e en xeral as puramente mecánicas e mecanográficas.

Oficial de segunda (nivel 9): realiza as mesmas funcións que se lle asignan ó auxiliar, con certo grao de experiencia, seguridade e rapidez.

Oficial de primeira (nivel 8): é ó cualificado que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinado a un nivel superior, realiza traballos de carácter secundario que só esixe coñecementos xerais da técnica administrativa.

Especialista de área (nivel 7): é o empregado capacitado técnica e profesionalmente que despois dun período de aprendizaxe accede a realizar traballos específicos dentro dunha área ou departamento da empresa.

Director delegación (nivel 6): é o empregado que ten ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade cada unha das oficinas delegadas. As súas tarefas son comerciais e técnicas, dirixindo o persoal auxiliar da oficina e tendo facultade para asina-lo correo xerado nela.

Polo que respecta ás súas funcións técnicas dependerán de cada unha das divisións operativas segundo a natureza dos traballos.

Xefe de área (nivel 5): é aquela persoa que realiza cometidos de xefatura e coordinación de tarefas, nunha área de traballo ou departamento específico. Reci

be ordes dos mandos da división á que pertence. Ten ó seu mando o seu persoal auxiliar.

Xefe superior (nivel 4): é o xefe de área que, debido á súa evolución na empresa e á súa madureza no posto, pode ser promocionado a este nivel económico superior.

Director adxunto (nivel 3): é o empregado que ás ordes dun director de división ou coordinador realiza tarefas propias dos citados postos como axuda e asistencia auxiliar a eles, suplíndoos en caso de ausencia.

Coordinador (nivel 2): é aquel alto empregado capaz de desempeñar tarefas correspondentes ó director de división e, en estreita colaboración con el, coordinará as funcións do persoal ás súas ordes. As súas funcións de mando, organización de traballo, responsabilidade e supervisión seranlle delegados polo director de división de quen dependerá.

Director de división (nivel 1): é a máis alta categoría laboral. O director de división é o responsable pleno e final das divisións operativas da empresa. Ten mando sobre o persoal da división e área de traballo e está facultado para asina-la correspondencia que se xere na súa división baixo a correspondente antesinatura.

Artigo 14º.-Servicio militar.

Durante o tempo en que o persoal permanece no servicio militar obrigatorio, ou non voluntario para anticipa-lo cumprimento daquel, reservaráselle a praza que viña desempeñando.

Transcorridos 60 días desde o seu licenciamento sen presentarse ó seu cargo laboral, entenderase que renuncia por propia vontade quedando totalmente extinguida a relación laboral.

Cando as obrigas militares lle permitan ó empregado acudir ó traballo e sempre que iso non trastorne a súa organización, apreciación que fará libremente a empresa, o empregado poderá traballar por horas, aboadas a pro rata do seu soldo. Se a empresa tivese oficina delegada na poboación a que sexa destinado o empregado procurarase adscribilo a ela, sempre que poidan ser compatibles os seus deberes de empregado e soldado.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

As horas de traballo efectivas en cómputo anual serán de 1.753,5, de acordo co calendario laboral de empresa (anexo II) no que se teñen en festivos de empresa, pontes e distribución das diferentes xornadas.

Hai tres tipos de xornada laboral:

A) Xornada normal de 8 horas efectivas.

B) Xornada intensiva de verán de 6,5 horas efectivas.

C) Xornada intensiva de Nadal de 5 horas efectivas.

Para todas elas utilizarase un horario flexible a comodidade do traballador, de acordo coas seguintes pautas:

-Xornada A):

Mañás:

Flexible de 8.30 a 9.30.

Fixo de 9.30 a 14.

Flexible de 14 a 14.30.

Tardes:

Flexible de 15 a 16.

Fixo de 16 a 18.30.

Flexible de 18.30 a 19.

-Xornada B):

Flexible de 8.30 a 9.

Fixo de 9 a 15.

Flexible de 15 a 15.30.

-Xornada C):

Flexible de 8.30 a 9.30.

Fixo de 9.30 a 14.

Flexible de 14 a 14.30

Por razóns familiares a petición do traballador e segundo apreciación da empresa, poderá instaurarse en determinados períodos unha xornada de traballo «D», cunha peculiaridade que consiste en que o traballo o efectúa o traballador peticionario desde o seu domicilio, sen acudir ó centro de traballo.

Todo traballador desprazado a outra empresa por razón de servicio haberá de aterse ó horario do centro de traballo de destino, se ben, en canto ó cómputo das horas traballadas, consideraranse extraordinarias as que excedan mensualmente do cadro horario da empresa. Se, polo contrario, estas resultasen inferiores recuperaranse no próximo mes, ou, de ser posible, completaríanse diariamente nas oficinas da súa empresa.

Artigo 16º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións, como mínimo, preferentemente no mes de agosto. Aqueles que por necesidades do servicio tivesen que colle-las vacacións noutros períodos terán preferencia no próximo año para desfrutalas en agosto; no suposto de que se fraccionen, computaranse a razón de 22 días laborables.

Ata cinco días dos trinta de vacacións poderán ser utilizados para compensación de pontes e festivos de empresa de acordo coas realidades de traballo previstas pola dirección da empresa á hora de confecciona-lo calendario anual.

O pláning de vacacións quedará previsto, para efectos informativos, dentro do mes de marzo como parte integrante do citado calendario laboral, aínda que posteriormente será posible a súa modificación por necesidades ineludibles de producción.

Todo o persoal poderá planificar individualmente as súas festas e necesidades de ocio, para o cal ten dereito a desprazar fóra do mes de agosto ata dez días das súas vacacións anuais. Esta planifi

cación anual tenlle que ser comunicada por escrito á dirección de Galcosa, antes do 31 de marzo de cada año.

Artigo 17º.-Permisos.

O persoal de Galcosa poderá solicitar permisos, facéndoo por escrito ante o mando de quen dependa e posterior informe deste á dirección, todo iso en forma previa. Se se produce ausencia sen petición de permiso será considerado como falta ó traballo. Neste caso o persoal debe avisar de tal evento polo medio mas rápido posible ó seu mando ou á dirección.

Os permisos que dan dereito a retribución son os seguintes:

A) Vinte días naturais en caso de matrimonio.

B) Catro días nos casos do falecemento do cónxuxe, pais ou fillo.

C) Dous días nos casos de nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, salvo no caso da letra B) anterior.

D) Un día por traslado de domicilio habitual.

E) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidad da prestación do traballo en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia forzosa. No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario ó que tivese dereito na empresa.

F) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos pola lei.

Artigo 18º.-Faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ó servicio da empresa clasificaranse atendendo á súa importancia, reincidencia e intención, en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos puntos seguintes:

A) Considéranse faltas leves:

1. Tres faltas de puntualidade durante un mes sen que exista causa xustificada.

2. A non comunicación coa antelación debida da súa falta ó traballo por causa xustificada, a non ser que probe a imposibilidade de facelo.

3. Falta de aseo persoal e limpeza persoal.

4. Falta de atención e dilixencia co público.

5. Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

6. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

7. A embriaguez ocasional.

B) Son faltas graves:

1. Faltar dous días ó traballo sen xustificación.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. As cometidas contra o respecto debido ós seus superiores ou compañeiros de traballo.

4. A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, cando mediasen sancións.

5. O abandono de traballo sen causa xustificada.

6. A neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave.

C) Son faltas moi graves:

1. Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

2. A fraude, a deslealdade e abuso de confianza nas funcións encomendadas.

3. O furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela, durante acto de servicio. Quedan incluídos neste apartado o falsear datos ante o xurado, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

4. A simulación comprobada de enfermidade, inutilidade, destrozar ou causar desperfectos en máquinas, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e departamentos da empresa; ter recaída sobre o traballador sentencia dos tribunais de xustiza competentes por delictos de roubo, furto, estafa e malversación cometidos fóra da empresa, que poida motivar desconfianza cara ó seu autor; a continua e habitual falta de aseo e limpeza persoal, que produza queixas xustificadas dos compañeiros; a embriaguez durante o traballo; os malos tratos de palabras ou obra ou falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros ou subordinados; abandona-lo traballo en postos de responsabilidade; a reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo trimestre, sempre que fose obxecto de sanción.

Artigo 19º.-Sancións.

As sancións que a empresa poida aplicar, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

A) Faltas leves:

a) Amoestación por escrito.

B) Faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo dun a dez días.

C) Faltas moi graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de once días a dous meses.

b) Despedimento.

Para a aplicación das sancións que anteceden terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade del e repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Artigo 20º.-Tramitación e procedemento das faltas e sancións.

A facultade de impoñe-las sancións correspóndelle á dirección da empresa, que o porá en coñecemento dos enlaces sindicais.

Será necesaria a instrumentación de expediente na imposición de sancións ós traballadores que desempeñen cargos electivos sindicais, e naqueloutros casos en que a empresa estime a súa tramitación.

Artigo 21º.-Prescrición.

a) Faltas leves: 10 días.

b) Faltas graves: 20 días.

c) Faltas moi graves: 60 días.

Todas elas a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometida.

Artigo 22º.-Lexislación complementaria.

En todo o no pactado expresamente neste convenio haberá que aterse ó que dispoña en cada materia o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 23º.-Demisión do traballador.

En caso de demisión do traballador, este terá que avisar por escrito á dirección cun mínimo de 60 días de antelación para os niveis do 1 ó 6 e de 30 para os niveis restantes. Se non se realiza este aviso non previo, perderá o interesado a retribución correspondente a eses días, como resarcimento dos danos e perdas que tal omisión do prazo lle ocasione á empresa. O establecido no parágrafo precedente enténdese sen prexuízo da indemnización prevista nos supostos que estipula o artigo 21 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Folga.

No suposto de folga, o desconto polo exercicio legal dela calcularase de acordo coas horas deixadas de traballar, valoradas na proporción retribución anual/horas anuais.

Artigo 25º.-Salario convenio.

Establécense para cada nivel de categoría en cómputo anual na táboa anexo 1.

Artigo 26º.-Plus de transporte.

Consiste nunha cantidade que se establece para efectos de compensación de gastos e tempos para situarse no lugar de traballo. Figura na táboa anexo I citada, quedando excluído da cotización á Seguridad Social.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

Só se realizarán no suposto de necesidade perentoria e serán ordenadas e posteriormente autorizadas polo mando autorizado para iso. Serán retribuídas en recibo de salarios aplicando os importes que, para cada categoría, figuran na táboa salarial anexo I citado.

Por necesidades económicas da empresa, esta poderá computa-los tempos investidos en horas extras en tempos de descanso equivalente ó 175% das horas extras efectuadas.

Artigo 28º.-Axudas de custo e quilometraxe por desprazamentos.

Se o desprazamento se efectúa en vehículo da empresa ou de aluguer só se repercutirán nas notas de gastos de viaje aqueles que correspondan ó mantemento, peaxe e consumibles do vehículo, realmente pagados.

Se se utiliza vehículo propio do traballador, os quilómetros compensaranse a 38 pesetas sen que proceda outro concepto de cargo excepto a peaxe.

Non se establecen axudas de custo fixas xa que a empresa compensará os gastos de manutención e aloxamento pola súa contía real.

Artigo 29º.-Comisións.

O persoal afectado por este convenio que participe nalgunha acción comercial poderá devengar unha comisión pola súa xestión na contía que previamente se concerte.

Tódalas comisións liquidaranse por trimestres naturais mediante liquidación nominativa.

Artigo 30º.-Formación profesional.

Para conseguir unha maior competitividade no mercado e especialización dos traballadores da empresa, así como o persoal de alta dirección (nivel 0 do convenio), créase unha bolsa económica consistente no 0,5% da facturación contratada da empresa, a cal se dedicará para afronta-los gastos da dita formación.

Esta bolsa económica será xestionada e controlada pola empresa e os representantes dos traballadores.

Artigo 31º.-Compensación ILT.

En caso de ILT a empresa compensará en recibo de salarios o importe bruto dos devengos, mentres dura esta situación ata o 100% do que lle correspondese en caso de estar en activo.

A persoa que inicie unha situación de ILT debe informar deste evento á empresa, tal e como queda indicado para os casos de permiso no art. 17. Todo iso independente das posteriores xustificacións oficiais de asistencia a consulta e parte de baixa.

Artigo 32º.-Nupcialidade.

O persoal que contraia matrimonio canónico ou civil percibirá unha gratificación extra equivalente ó 65% do salario mensual.

Artigo 33º.-Natalidade.

O nacemento de cada fillo premiarase cunha paga extra equivalente ó 65% do salario mensual.

Artigo 34º.-Plus de antigüidade.

Establécese un plus de antigüedade calculado en quinquenios sen limitación ningunha. Cada quinquenio liquidarase en recibo de salarios ó 4% do salario base de cada categoría. O seu devengo e cobramento iniciarase o día primero de cada ano en que se cumpra cada quinquenio.

Como complemento deste plus de antigüidade, tódolos traballadores fixos do cadro de persoal quedarán cubertos por un seguro de vida cos seguintes capitais de indemnización:

-Falecemento: 2.000.000 de ptas.

-Falecemento por accidente: 4.000.000 de ptas.

-Falecemento por accidente circulación: 6.000.000 de ptas.

-Invalidez absoluta e permanente: 2.000.000 de ptas.

Tal seguro iniciará a súa cobertura o día 1 de xaneiro do ano seguinte ó do ingreso do traballador ou da súa contratación como traballador con contrato indefinido.

Artigo 35º.-Servicio busca de emprego.

Dada a nosa actividade neste campo, calquera traballador da empresa ten dereito ó seu uso para si ou calquera familiar presentado por el, sen cargo ningún.

Artigo 36º.-Distribución do salario.

Os importes anuais recollidos nas táboas salariais anexas comprenden 14 pagas iguais (12 mensualidades e unha extra en xullo e outra en decembro).

Non obstante, acórdase redistribuí-las dúas pagas extraordinarias, aplicándoas mensualmente en cada recibo de salarios, para aquel persoal que así o solicite, por escrito, para cada período anual.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL ANO 1997

Niv.G.T.CategoríaB. anualPlus Trans.Total anoHora Extr.

11Director división3.050.164283.1763.333.3401.970
21Coordinador división2.448.454283.1762.731.6301.590
31Director adxunto2.161.645283.1762.444.8211.406
41Xefe superior1.973.166283.1762.256.3421.326
51Xefe de área1.750.523283.1762.033.6991.283
64Dtor. delegación1.657.820283.1761.940.9961.283
75Espeta. de área1.311.796283.1761.594.972975
85Oficial de primeira1.241.030283.1761.524.206898
95Oficial de segunda1.153.456283.1761.436.632836
107Auxiliar1.069.569283.1761.352.745836
111Prácticas T./Super.989.406283.1761.272.582898
122Prácticas T./medio933.660283.1761.216.636836
137Personal subalterno932.510283.1761.215.686836
14Aprendiz 1º ano652.974652.974
Aprendiz 2º ano746.256746.256
Aprendiz 3º ano839.538839.538

Calendario de traballo

Ano 1997

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1F8S8FD6.5V6.58F8

258D8FE86.5S6.58D8

35888S86.5D6.5888

4S888D86.5V6.5S88

5D88S88SV6.5D88

6F88D88DVS88F

788888S6.5VD88D

888S8FLSD6.5V6.58SF

988D8FES86.5S6.58D8

108888S86.5D6.5888

11S588D86.5V6.5S88

12D88S88SV6.5D88

13888D88DVS88S

1488888S6.5VD88D

158SS88D6.5FLS88S8

168DD8886.5S88D8

178888F86.5D8888

18S888D86.5V8S88

19D88S88SV8D88

20888D88DVS88S

2188888S6.5VD88D

228SS88D6.5V88S8

238DD8886.5S88D8

248888S86.5D8885

25S888D8FV8S8F

26D88S88SV8D8FE

2788FD88DVS88S

2888F88S6.5VD88D

298-S88D6.5V88S5

308-D886.56.5S88D5

318-8-S-6.5D-8-5

Horas162157152176144166.51430161184160148

Total horas1.753,5

Días 21 20 19 22 18 21 220 22 23 20 20

Total días228

Festivos nacionaisFestivos locais

1-1AninovoSantiago de Compostela
6-1Epifanía del Señor8-5Ascensión
27-3Xoves Santo16-8San Roque
28-3Vernes SantoA Coruña
1-5Festa do Traballo11-2Martes Entroido
17-5Días das Letras Galegas7-10Festa do Rosario
25-7Santiago ApóstolFerrol
15-8Asunción da Virxe7-1San Xiao
1-11Tódolos Santos31-3Festa de Chamorro
6-12Día da Constitución

Española

Festivos empresa
8-12Inmaculada Concepción11-2Xornada de 5 horas
25-12Natividade do Señor2-5Festivo empresa
9-5Festivo empresa
26-12Festivo empresa

Xornada intensiva: do 30 de xuño ó 14 de setembro (de 8.30 a 15 horas).

Vacacións: do 1 ó 30 de agosto.

Xornada de Nadal: do 2 ó 5 de xaneiro e do 23 ó 31 de decembro (de 9 a 14 horas).

Abreviaturas utilizadas:

F= festivo.

FLS= festivo local (Santiago de Compostela).

D= domingo.

FES= festivo empresa Santiago de Compostela.

S= sábado.

3952