Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 124/1997, do 2 de maio, polo que se aproba o cambio de capitalidade do Concello de Fene (A Coruña), de Foxas a Fene.

Na actualidade, a entidade de poboación coñecida como Foxas é onde reside a capitalidade do Concello de Fene.

Ante o maior número de habitantes cos que conta o núcleo de Fene, o Pleno da Corporación, en sesión celebrada o tres de marzo de mil novecentos noventa, adoptou acordo relativo para inicia-lo correspondente expediente de cambio de capitalidade.

Tralo período de información pública polo prazo de 30 días non se presentaron reclamacións, considerándose aprobado definitivamente o expediente.

Emitiu informe favorable a Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día 26 de marzo de 1997.

Solicitouse informe da Real Sociedade Xeográfica.

O maior número de habitantes aparece expresamente recollido no artigo 27.1º d) do Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, como motivo suficiente para fundamenta-lo cambio de capitalidade.

Correspóndelle á Xunta de Galicia a competencia para aproba-lo cambio de capitalidade dos concellos, de conformidade co disposto no artigo 1º.2.3. do Real decreto 1014/1979, do 13 de febreiro, artigo 11.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril e artigo 26.1º do Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Aproba-lo cambio de capitalidade do Concello de Fene, de Foxas a Fene.

Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

97-2516