Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 5 de maio de 1997 pola que se aproban as actividades artesás comprendidas na sección correspondente do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Na Orde da Consellería de Industria e Comercio do 12 de xullo de 1993, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 150, do 6 de agosto de 1993, aprobábanse as actividades artesanais incluídas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, que supoñen un instrumento indispensable para a delimitación do sector artesanal con vistas á súa ordenación e desenvolvemento.

No artigo 2 da citada orde establécese que esta relación de actividades poderá ser modificada pola Consellería de Industria e Comercio logo da proposta da Comisión Galega de Artesanía.

En cumprimento da disposición anteriormente citada, a Comisión Galega de Artesanía na sesión celebrada o día 9 de decembro de 1996, aprobou e acordou propoñer á Consellería de Industria e Comercio, a nova relación de actividades artesás que vén substituír á ata agora en vigor.

Por outra parte a dita relación adaptouse á Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE), vixente actualmente, e plasma en cada unha das actividades nela incluídas o criterio da Administración sobre a súa adscrición a algún dos catro apartados da clasificación establecida no artigo 4 da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da Comisión Galega de Artesanía,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Recoñecer oficialmente como actividades artesás os traballos e actividades que figuran no anexo desta

orde, para os efectos da súa inclusión na sección de actividades artesás do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Estas actividades inscribiranse na sección primeira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Artigo 2º

1. A relación de actividades artesás poderá ser obxecto de revisión periódica pola Comisión Galega de Artesanía, de oficio ou por instancia da parte interesada. A revisión levarase a cabo mediante orde da Consellería de Industria e Comercio por proposta do citado órgano colexiado.

2. Os interesados dirixirán a solicitude de revisión á Comisión Galega de Artesanía, xunto coa da documentación xustificativa dela e da que, se é o caso, se determine regulamentariamente.

A Comisión Galega de Artesanía poderá reclamar do solicitante calquera información ou documentación adicional que coide necesaria.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 12 de xullo de 1993 pola que se aproban as actividades artesás comprendidas na sección correspondente do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (DOG do 6 de agosto).

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Industria para dictar cantas resolucións sexan necesarias para o desenvolvemento ou aplicación do establecido nesta orde.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

RELACIÓN DE ACTIVIDADES ARTESÁS AGRUPADAS SEGUNDO A

CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (CNAE- 93)

Clasificación segundo o Real decreto 1560/1992.

Nº de orde DenominaciónCódigo

CNAE 93

ABCD

División 15: industria de productos alimenticios e bebidas

1Chacinería, chacineiro(a)15.1Si

2Queixos e manteiga, queixeiro(a), manteigueiro(a)15.5Si

3Pastelería, pasteleiro(a)15.8Si

4Confeitería, confeiteiro(a)15.8Si

5Panadería, panadeiro(a)15.8Si

División 17: industrial téxtil.

6Tecidos, tecedor(a) (alto e baixo lizo, alfombras, tapices, etc.).17.2/4/5SiSiSi

7Decoración de teas, decorador(a) de teas17.3SiSi

8Encaixes, encaixeiro(a), palilleira, picador(a) de cartóns17.5SiSiSi

9Calceta, calceteiro(a), gancho, gancheiro(a)17.7SiSi

10Bordaos, bordador(a)17.5SiSiSi

11Productor e reparador de redes, redeiro(a)17.5SiSi

Nº de orde DenominaciónCódigo

CNAE 93

ABCD

División 18: industria da confección e da peletería.

12Xastre18.2Si

13Modista18.2Si

14Traxes tradicionais populares, productor(a) de...18.2SiSi

15Peletería, peleteiro(a)18.3Si

División 19: preparación, curtido e acabado do coiro; fabricación de artigos de marroquinaría e viaxe; artigos de albardería, talabardería e zapatería.

16Curtidos, curtidor(a)19.1SiSi

17Albardería e talabardería, albardeiro(a) ou talabarteiro(a)19.2SiSi

18Repuxado e decorado do coiro, repuxador(a) e...19.2SiSi

19Marroquinería, marroquineiro(a)19.2Si

20Zoqueiro, productor de zocos19.3SiSi

21Zoqueiro, productor de zocas19.3SiSi

22Zapatería, zapateiro(a)19.3SiSi

División 20: industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestería e espartería.

23Tornería, torneiro(a) de madeira20.1SiSiSi

24Carpintería, carpinteiro(a)20.3SiSiSi

25Tonelería, toneleiro(a), selleiro(a)20.4SiSi

26Talla, tallista20.5SiSiSi

27Taracea, taraceador(a)20.5SiSi

28Imaxinería, imaxineiro(a)20.5SiSiSiSi

29Cestería, cesteiro(a)20.5SiSi

30Labores de palla, productor(a) de labores de palla20.5SiSi

División 21: industria do papel

31Papel, productor(a) de papel21.1Si

32Manipulados de papel e cartón, manipulador(a) de papel e cartón (producción de obxectos con estes materiais).21.2SiSiSi

División 22: edición, artes gráficas e reproducción de soportes gravados.

33Encardernación, encadernador(a)22.2SiSi

34Serigrafía, serígrafo(a)22.2Si

35Gravados, gravador(a) (reproductor)22.3SiSi

División 24: industria química.

36Pirotecnia, protécnico24.6SiSiSi

División 26: fabricación doutros productos minerais non metálicos.

37Vidreiro26.1SiSi

38Vitralista (vidreiras ou vitrais)26.1SiSi

39Tallista de vidro26.1SiSi

40Cerámica, ceramista (decorador, muralista, esmaltista, modelador, etc.).26.2SiSi

41Olería, oleiro26.2SiSi

42Cantería, canteiro26.7SiSiSiSi

43Talla de pedra ou mármore, tallista de pedra ou mármore.26.7SiSiSi

División 27: metalurxia.

44Fundición, fundidor27.5SiSiSi

45Fundición de campás, campaneiro27.5SiSiSi

División 28: fabricación de productos metálicos agás maquinaria e equipos.

46Forxa e ferrería, ferreiro28.4SiSiSiSi

47Follalatería, follalateiro28.5SiSiSi

48Esmaltes, esmaltista28.5SiSi

49Metalistería, metalistero (traballos de diverso tipo en metais -latón, cobre, estaño, bronce, titanio, alpaca, etc.gravados decorativos, cincelados, repuxados, etc.).28.5SiSiSi

50Cerrallería decorativa ou artística, cerralleiro decorativo ou artístico.28.6SiSiSi

51Caldeirería, caldeireiro28.7SiSiSi

Nº de orde DenominaciónCódigo

CNAE 93

ABCD

División 33: fabricación de equipo e instrumentos médico-cirúrxicos, de precisión, óptica e reloxería.

52Construcción e reparación de reloxos, reloxeiro(a)33.5SiSi

División 35: fabricación doutro material de transporte.

53Carpintería de ribeira, carpinteiro de ribeira35.1SiSiSi

División 36: fabricación de mobles; outras industrias manufactureiras.

54Tapicería, tapiceiro(a)36.1Si

55Ebanistería, ebanista36.1SiSiSi

56Dourado, dourador(a)36.1SiSi

57Pratería, prateiro(a)36.2SiSiSiSi

58Xoiería, xoieiro(a)36.2SiSiSiSi

59Ourivesaría, ourive36.2SiSiSiSi

60Talla de pedras preciosas ou semipreciosas, lapidario(a)36.2Si

61Talla de acibeche, acibecheiro(a)36.2SiSiSiSi

62Productor(a) de instrumentos musicais de corda ou Luthier36.3SiSi

63Productor(a) de instrumentos musicais de vento36.3SiSi

64Productor(a) de instrumentos musicais de percusión36.3SiSi

65Productor(a) de instrumentos tradicionais populares galegos.36.3SiSiSi

66Afinación de instrumentos musicais, afinador(a)36.3Si

67Palletas, palleteiro(a)36.3SiSi

68Productor(a) de artigos deportivos36.4SiSi

69Xoguetes, xogueteiro(a), monecos, monequeiro(a)36.5Si

70Talla de coral, marfil, nácara, carei, ónice, etc. tallista de...36.6SiSiSi

71Modelos ou maquetas, modelista ou maquetista36.6SiSi

72Miniaturas, miniaturista36.6Si

73Taxidermia, taxidermista36.6Si

74Paraugas e bastóns, paraugueiro(a) ou bastoeiro(a)36.6SiSi

75Productor(a) de pelucas ou postizos36.6Si

76Cerería, cereiro(a) (velas e exvotos)36.6SiSi

77Figuras de pan tradicionais populares, productor(a)36.6SiSi

División 45: construcción.

78Mosaicos, productor(a) de mosaicos45.4SiSi

79Pinturas e revestimentos decorativos, pintor-decorador(a), estuquista, etc.45.4SiSi

División 52: comercio polo miúdo de flores e plantas.

80Arranxos florais con flores naturais ou secas, fabricación de flores de papel ou teas, etc.52.4Si

División 74: outras actividades empresariais.

81Fotografía, fotógrafo(a) (proceso non automatizado)74.8Si

82Escaparatismo, escaparatista74.8Si

83Rotulación74.8Si

División 92: actividades recreativas, culturais e deportivas.

84Escultura, escultor(a)92.3Si

85Debuxo, debuxante92.3SiSi

86Restauración, restaurador(a) (madeira, mobiliario, papel, pintura, arqueoloxía, coiro, pedra, etc.).92.3SiSi

87Escenografía e cartelismo, escenógrafo(a) ou cartelista.92.3SiSi

88Pirogravado, pirogravador(a)92.3SiSi

89Cartón pedra, productor(a) de obxectos de cartón pedra e similares92.3SiSi

División 93: actividades diversas de servicios persoais.

90Afiado, afiador93.0SiSi

3666