Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.872

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial Juan María de Nigrán (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación especial Juan María de Nigrán (Pontevedra), no que solicita a ampliación dunha unidade en dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde ministerial do 3 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG 6 de agosto) e a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15-12), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia.

Esta dirección xeral resolveu:

Autoriza-la ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial que se relaciona no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Pontevedra

Concello: Nigrán.

Localidade: Parada.

Enderezo: Monte das Agullas.

Denominación: Juan María.

Titular: Asociación la Esperanza del Valle Miñor.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: 5.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 6.

3838