Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 1997 Páx. 4.870

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 122/1997, do 23 de maio, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Rusia é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso da atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Rusia, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o 25 de maio ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, vintetrés de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

3884