Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente incoado por infracción á Lei de pesca fluvial, P-183/1996, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente,

por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

ANEXO

Expediente: P-183/96.

Denunciado: Luis Varela López.

DNI: 33.349.034

Último enderezo coñecido: Pazo de Podente-Monterroso-Lugo.

Feitos denunciados: pescar carecendo de licencia, o día 26-5-1996 no río Miño (Seixón)-Portomarín.

Precepto sancionador: art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación de la infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes decomisadas: devolución logo do aboamento da sanción; está depositada na oficina MAN-Monforte de Lemos.

Lugo, 22 de abril de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

3577