Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aproveitamento das augas mineral-natural do manancial Os Toxos, sito no concello de Betanzos, provincia da Coruña.

Segundo o establecido no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas nimeromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 266, do 19-11-1996), sométese á información pública, durante un prazo de 20 días contados a partir do da publicación do presente anuncio, a solicitude presentada por Vicente Jaime Pernas Fernández, con enderezo na rúa San Roque, 28-B, 15002, A Coruña, de autorización de aproveitamento das augas mineral-natural do manancial Os Toxos, sito na parroquia de Requián, concello de Betanzos, na provincia da Coruña, co fin de que os interesados, propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección, poidan alegar canto conveña ós seus intereses.

Para os efectos informativos poñerase á disposición dos interesados un exemplar dela nas oficinas desta delegación provincial, Sección de Minas e no Concello de Betanzos. As alegacións poderanse formular durante o prazo sinalado.

A Coruña, 25 de abril de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-3490