Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/8-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Lemasje, S.L.

Enderezo social: Reigosa, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: central de coxeración en Reigosa.

Situación: Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: sistema de coxeración composto de 2 grupos motoalternadores de 1.200 kVA cada un, 3.300 V, xunto cos equipos de protección, control, transformación (2x1.250 kVA) e acoplamento. Depósito almacenamento de combustible (gasoil) de 50 m. Unha caldeira fluído térmico recuperación calor gases de escape, e intercambiadores de calor auga-aire.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3840