Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/212-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Nespereira.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.066 m de lonxitude con orixe na liña Fornelos-Sestelo e final no C.T. que se vai instalar en Nespereira.

Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Nespereira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.779 m de lonxitude discorrendo por Nespereira e Aido. Concello de Teo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3607