Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación que se cita. (Expediente 51877).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Fernando Macías, 2, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación seguinte:

-Centro de transformación de 50 kVA a 20.000±2,5-5%/400 voltios, instalado no parque da central de Fecha, para servicios auxiliares da dita central.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3548