Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/172-2-4664 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Enderezo social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edificio C.P. Arcadio Pardiñas.

Situación: Burela.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable UNE D.H.Z1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 142 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/400-231±2,5%±5% V, para subministración eléctrica ó edificio da comunidade de propietarios da rúa Arcadio Pardiñas e mellora do servicio na zona. Concello de Burela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade

establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 18 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3550