Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/40-2-4707 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., en Mondoñedo.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, a C.T. Prza. José Trapero Pardo, en conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al, cunha lonxitude de 90 metros L.M.T. subterránea a C.T. Prza. Catedral, en conductor R.H.V.-12/20-3x150 Al, cunha lonxitude de 200 metros. Dous centros de transformación de 630 kVA. 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.V.-0,6/1 kV-4x95 Al, para mellora do servicio eléctrico na zona.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 12 de marzo de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3672