Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras RC-OUR-97.03 e outra máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expediente: RC-OUR-97.03 e RC-OUR-97.11.

2. Obxecto dos contratos.

a) Acondicionamento e reforzo de firme na OUR-402 Ourense-Cortegada, do p.k. 1+000 ó p.k. 3+500. Ourense.

-Nº de expediente: RC-OUR-97.03.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Orzamento base de licitación: 25.077.128 ptas.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

b) Acondicionamento da estrada OUR-113 Verín-Laza, do p.k. 0+470 ó p.k. 1+470. Verín.

-Nº de expediente: RC-OUR-97.11.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Orzamento base de licitación: 64.925.112 ptas.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32071.

d) Teléfono: (988) 38 62 36.

e) Telefax: (988) 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sétimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 15 de maio de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

3671