Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado concertado Martínez Otero, de Foz (Lugo).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Martínez Otero de Foz (Lugo) no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Ó resultar que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Ó considerar que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Ó considerar que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, se entenden autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

-Provincia de Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Foz.

Enderezo: Paco Maañón, 12.

Denominación: Martínez Otero.

Titular: Fundación Martínez Otero.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

3758