Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 1997 Páx. 4.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do acordado pola corporación provincial na sesións do día 28 de febreiro do actual e na do día da data, faise pública que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacionan, para xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994:

Concellos-impostos.

O Bolo: imposto de vehículos de tracción mecánica.

San Amaro: imposto de vehículos de tracción mecánica.

San Cristovo de Cea: imposto de vehículos de tracción mecánica, taxa de recollida de lixo.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 25 de abril de 1997.

O presidente

Rubricado

3853